Saltar navegación.
Inicio

Benvida

Benvid@s ao sitio web do C.E.I.P. San Isidro de Neda

 

         

                       

Arquivos: 

25 de NOVEMBRO

O luns 25 de novembro do 2019, os nenos e nenas do colexio San Isidro, Maciñeira e do IES Fernando Esquío, fixemos polo paseo marítimo de Xubia unha marcha solidaria polo bo trato, co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres.

Despois fomos andando ata a Casa da Cultura de Neda. Alí, os nenos e nenas do colexio de Maciñeira fixeron unha bolboreta e cada un leu unha frase relacionada coa violencia machista. Despoios de ler as súas frases, pegáronas na bolboreta. Tamén tiñan uns avións de papel que lanzaron ao aire.

Nós fixemos un reloxo cunha caixa e nela puxemos uns desexos co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres. Logo fixemos unha actuación na que se amosaban situacións de parella. 

Os alumnos/as do Fernando Esquía leron unhas historias curtas sobre parellas, nas que ao final as mulleres eran felices. 

APRENDIMOS MOITO!!

 

(Alumnos/as de 6º de E.Primaria) 

 

Neda polo Mundo! (Erasmus+)

Dúas das nosas mestras máis internacionais xa están de volta no cole. Susana e Natalia tiveron a oportunidade,

grazas ao CEFORE de Ferrol e á Consellería de Educación, de coñecer a metodoloxía nos centros de Cardiff (Gales),

mellorar o seu inglés na Celtic English Academy e coñecer a cultura galesa. 

Traen a maleta chea de novas experiencias e moitas gañas de amosarlle aos menos e nenas todo o aprendido. 

Agradecer aos compañeiros e compañeiras mestres/as o gran traballo no colexio durante a estancia no País Galés. 

 

Aquí podedes ver o colexio donde estiveron--- Ninian Park Primary School

aquí a academia de inglés--- Celtic English Academy

Cardiff

 

O Mago Teto

Hoxe os nenos e nenas de 4°, 5° e 6° de educación primaria puideron gozar da maxia e a súa historia da man do Mago Teto.

Xogos de cordas, cubiletes, aros chinos... sorprenderon a pequenos e maiores. Grazas ao Concello de Neda por convidarnos!! 

Proxecto E-Dixgal

Estimadas familias:

Temos o pracer de comunicarvos que fomos seleccionados para participar no Proxecto E- Dixgal 2019/20. No presente curso o proxecto destinarase para os alumnos/as de 5º de Educación Primaria. 

Abaixo deixamos os enlaces con toda a información.

Click aquí------- Espazo Abalar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/2020

       Publícase a listaxe DEFINITIVA de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto.

       Especifícanse os libros que se reciben do Fondo e os que ten que adquirir a familia.

     >>>PREME NA IMAXE>>>

 Os vales de material escolar pódense recoller no centro. (quen todavía non os recolleu)

Os vales de libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de primaria, tamén se poden recoller no centro (quen todavía non o recolleu)

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

                   >>>  PINCHA NA IMAXE<<<
 
 
 
 
 
 
 

Quedada da ANPA

Os días 1 e 2 de xuño, sábado e domingo, os nenos e nenas vivimos unha finde especial!! 

Grazas á colaboración da ANPA e á súa organización, puidemos gozar duns días de xogos, carreiras, obradoiros, fogueiras nocturnas

e un riquísimo almorzo con chocolate con churros.

A festa foi amenizada pola GUAGUA e foron moitos papás e mamás os que nos acompañaron na festa. Foi todo un descubrimento poder quedar a durmir no colexio!! 

Aquí vos deixamos unhas fotiños da nosa quedada!

   

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2019/20

A Consellería de Educación publicou a convocatoria que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas

para a compra de libros de texto e material escolar para os alumnos/as matriculados en educación primaria para o curso 2019/20.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de xuño, inclusive, e estas  entregaranse preferiblemente por vía electrónica a través

da aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Tamén se poderán presentar presencialmente no centro, recollendo os impresos de solicitude e toda a información sobre esta convocatoria

no colexio. Ou descargándoos aquí:

 

ANEXOS I E II

DOCUMENTACIÓN

 

NORMATIVA QUE REGULA O FONDO LIBROS


ORDE DO 3 DE MAIO DE 2019

CORRECIÓN DE ERROS

Distribuir contido