DESEXOS DE PAZ EN COR ESPERANZA

No día de commemorar na escola a Paz e a non violencia nenos e nenas saen a cantar ben alto enchidos de "cor esperanza".

Saben que poden, cren que poden, sacan os medos afora e... a por un mundo mellor da man ca música.

 

 

 

 

REMATA O OUTONO. O QUE NOS DEU DE SI

O outono deste singular ano chega ao seu fin. Na noite do luns 21 comezaremos a estación do inverno. Outra época, outras experiencias e aprendizaxes. Agardemos que sexan igual de ricas que as que este outono nos otorgou.

No seguinte enlace poderedes ver todo canto nos deu de si este tempo cheo de matices, cores, olores e sabores. 

https://drive.google.com/file/d/1wDKEuTd9HR7SCk3-D__41yYZRy28Xfkx/view?usp=sharing

E se de olores e sabores falamos, entrade no noso restaurante e probade a nosa carta de outono. Pratos exquisitos elaborados por mans miúdas e todo a amor do mundo para o deleite de paldares expertos.

Entrade, entrade,... estades convidados!

https://drive.google.com/file/d/1Nj

_CRgmwo5PDC00e3wIPTGp9RDe0W4xC/view?usp=sharing

Se o outono nos deu tanto, que nos traerá o inverno?. En nada o descobriremos.

Grazas e todas e todos pola vosa grande participación, e pedimos disculpas por se algo do que enviástedes quedou sen recoller. 

 

 

 

 

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Trampantojo: Amazon.es:  Díaz Reguera, Raquel, Díaz Reguera, Raquel: Libros

Autora: Raquel Díaz Reguera

Thule edicións, 2010

 Carlota é unha princesa que está farta da súa realidade de princesas rosas, rás que se converten en príncipes azuis.

Pensa nunha realidade completamente distinta onde non teña que pasar polO desagradable trance de bicar unha rá para conseguir o amor da súa vida. Carlota, inconformista, quere vivir outras aventura, cazar dragóns, voar en globo, navegar na procura de piratas...

Mil aventuras cun toque de humor que nos permiten saír dos estereotipos, falar da igualdade entre sexos e evitar calquera etiqueta.

Nenos e nenas da clases de 6º de EI, imaxinaron cómo lle gustaría ir vestida a Carlota para disfrutar das mil e unha aventuras lonxe do castelo e do estanque das rás a bicar.

 

25 DE NOVEMBRO, MANS UNIDAS CONTRA A VIOLENCIA

MANS GRANDES, MANS MEDIANAS, MANS PEQUENAS UNIDAS FRONTE Á VIOLENCIA DE XENERO. ESTAS MANS ENCHEN A BIBLIOTECA E POÑEN OS LIBROS A DICIR, NON!!, NON MÁIS DANO, NON MÁIS INSULTOS, NON MÁIS MALTRATO. 

NO CANTO DE TODO ISTO ESTAS MANS QUEREN ACARIÑAR, BICAR, FACER CÓXEGAS,... DAR ALOUMIÑOS. 

CÓMO RESISTIRSE A ISTO? NO LO DIN BEN CRARIÑO OS NENOS E NENAS, QUE ALGO SABEN DE DAR AMOR SEN PEDIR NADA A CAMBIO. 

MANS UNIDAS FRONTE A TODO, QUE NON SE SOLTEN NUNCA, EA.

 

SER NENO, SER NENA

 

Desde que no 1989, 192 países se comprometeran na Convención sobre os Dereitos do Neno, a infancia está considerada como un suxeito de pleno dereito: nenos e nenas son cidadáns de seu con dereitos, e non só como un obxecto de protección.

Mais aínda, no ano 2020, queda moito por facer. En ocasións a alguén se lle esquece que nos ten que coidar, protexer, porque somos o futuro do mundo pero tamén, o presente, o agora. E así o berramos ben alto cada 20 de novembro, día no que celebramos en todo o mundo o Día Universal do Neno.

Escritos e ratificados polo mundo están os nosos dereitos pero non sempre están garantidos por iso se oe esa voz que atravesa as pedras das nosas aulas:

NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

A ver ser se así se nos escoita e nin un só neno no mundo, nin unha soa nena no universo, queda sen educación, alimento, mimos ou agarimo.

 NACEMOS LIBRES, NACEMOS IGUAIS

TEMOS DEREITOS UNIVERSAIS

... Unha vez máis por se non se escoitou o suficiente.

 

Creación baseada na letra da canción "los lunnis la canción de los derechos"

Autores da canción: Elisenda Guiu Pont / Andrés Server Muntaner / Elena Sara Carbonero / Gautama Del Campo

 

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso