REMATA O OUTONO. O QUE NOS DEU DE SI

O outono deste singular ano chega ao seu fin. Na noite do luns 21 comezaremos a estación do inverno. Outra época, outras experiencias e aprendizaxes. Agardemos que sexan igual de ricas que as que este outono nos otorgou.

No seguinte enlace poderedes ver todo canto nos deu de si este tempo cheo de matices, cores, olores e sabores. 

https://drive.google.com/file/d/1wDKEuTd9HR7SCk3-D__41yYZRy28Xfkx/view?usp=sharing

E se de olores e sabores falamos, entrade no noso restaurante e probade a nosa carta de outono. Pratos exquisitos elaborados por mans miúdas e todo a amor do mundo para o deleite de paldares expertos.

Entrade, entrade,... estades convidados!

https://drive.google.com/file/d/1Nj

_CRgmwo5PDC00e3wIPTGp9RDe0W4xC/view?usp=sharing

Se o outono nos deu tanto, que nos traerá o inverno?. En nada o descobriremos.

Grazas e todas e todos pola vosa grande participación, e pedimos disculpas por se algo do que enviástedes quedou sen recoller. 

 

 

 

 

CALENDARIO ESTIÑO

Xa podedes ver a nosa achega deste ano ao calendario Estiño!!

Así está quedando o calendariuo deste ano co tema do río. Na esquerda inferior pódense ver os xuncos seleccionados. Foi moi difícil esta escolla dada a orixinalidade e calidade da todos os debuxos, ben se podía facer con eles a propia Xunqueira do Sagrado!!

Como cada ano, o recaudado coa venta deste calendario (1,50 euros)  vai destinada a ONG AXUNICA, que desenvolve os seus proxectos de cooperación en Nicaragua  (https://www.axunica.es)