Skip to Content

GAÑADORA DO CONCURSO "AHORA VAMOS ANDANDO AL COLE"

O mércores 26 de maio no colexio fíxoselle entrega do premio autonómico do concurso "Ahora vamos andando al cole" á alumna Iria Acosta de 4° B.

Dito concurso está organizado pola asociación A.N.C.A.S, financiado pola fundación Mapfre.

Na ceremonia de entrega, á que asistiu persoal de Ancas e Mapfre, estivo presente o concelleiro de Mobilidade do concello da Coruña.

Ademais acompañaron a Iria os seus pais e compañeiros de clase, coa súa titora.

Como agasallo recibiu unha bicicleta.

Agora toca esperar a ver se resulta premiada a nivel nacional.

¡Sorte Iria!

   



page | by Dr. Radut