Skip to Content

Secretaría, Admisión e matriculación, Libros de texto, Impresos

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

MATERIAL ESCOLAR

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL


5º DE EDUCACIÓN INFANTIL


6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  HAY UN ERROR EN ISBN DEL ACTIVITY BOOK. EL CORRECTO ES 9780194072373 OPEN UP 3 ACTIVITY BOOK


4º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA ISBN CORRECTO  LIBRO DE LECTURA: 978-84-9121-073-3

 
5º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA


6º  DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LISTA DE LIBROS

Preme sobre o curso correspondente para ver a lista dos libros.

A LISTA DE MATERIAL FARASE PÚBLICA O LUNS 9 DE SETEMBRO

COMEZO DO CURSO: HORARIOS 1º DÍA E HORARIO HABITUAL

Benvidos/as ao novo curso

As clases comezarán o mércores 11 de setembro. Coma sempre, o primeiro día  haberá un horario de entrada escalonado. A partir do día 12 o horario será de 9 a 14 horas en E. Primaria e de 09:05 a 13:50 en E. Infantil.

HORARIO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO E UBICACIÓN FILAS 

ENTRADA

09:00 -2º, 4º e 6º de E. primaria.

09:15 -6º de E. infantil.

09:30 -1º, 3º e 5º de E. primaria.

09:45 -5º de E. infantil.

4º de infantil -periodo adaptación.

UBICACIÓN FILAS

• Infantil en patio cuberto.

•1º e 2º de E.P. no patio de columnas.

•3º e 4º de EP no patio cuberto.

• 5º e 6º de E.P.  aos lados da  porta de entrada do patio de columnas.

SAIDAS

• Infantil: 13:50 por patio cuberto. 

• 1º e 2º de E.P: 14:00 Por porta patio columnas. 

• 3º e 4º de EP: 14:00 Por porta patio cuberto. 

• 5º e 6º E.P: 14:00 Porta principal diantera. 

HORARIOS E UBICACIÓN DE FILAS DE ENTRADA E SAIDA A PARTIR DO DIA 12

Entrada de Primaria ás 09:00 e Infantil ás 09:05.

Ubicación das filas na  entrada e as saídas será a mesma que a do primeiro día.

NOTA. Os alumnos de 10 ou máis anos poden saír sós do colexio previa autorización. Recomendamos esta autorización para axilizar a saída, ainda que vostedes lles recollan esperando na beirarrúa.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de presentación de solicitudes: 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

Para máis información preme sobre a imaxe.

Ante calquera dúbida, contactar có centro no teléfono 881 960 316

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA CURSO ESCOLAR 2024-2025

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024- 2025

Comeza o proceso para a presentación de solicitudes de admisión para o noso centro.

Información básica:

QUE NORMATIVA O REGULA?

- Decreto 13/ 2022, do 3 de febreiro.

- Orde do 21 de outubro de 2022.

CAL É O PRAZO?

Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo ( ambas inclusive).

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR?

• A solicitude: ED550B para descargala poden pulsar os seguintes enlaces:

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁN

• Documento acreditativo de representación: o DNI/NIE/ PASAPORTE ou copia e orixinal do libro de familia. 

• En caso de separación ou divorcio , sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

- Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO, e asinala na Sede electrónica , coa Chave 365 ou certificado dixital.

 - Cubrir a solicitude a través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00. 

DISPOÑEN DUN MANUAL NESTE ENLACE: MANUAL PARA AS FAMILIAS

- Cubrir manualmente a solicitude ( ou ben descargándoa ou ben recolléndoa na Secretaría do colexio) e presentala na Secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00.

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN NO CEIP SAGRADA FAMILIA?

(Poderán ser modificadas seguindo os dictames da comisión de escolarización)

- 4º EDUCACIÓN INFANTIL (nacidos no 2021) : 34 + 6 * NEAE

- 5º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2020): 8

- 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( nacidos no 2019): 2

- 1º EDUCACIÓN PRIMARIA ( nacidos no 2018): 3 +5* NEAE

- 3º EDUCACIÓN PRIMARIA (nacidos no 2016): 1

*NEAE: As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado

 UNHA VEZ PRESENTADA A MIÑA SOLICITUDE CAL É O CALENDARIO A SEGUIR?

Publicación da listaxe provisional de admitidos-as: 25 de abril

Publicación da listaxe definitiva de admitidos-as: 15 de maio

Formalización da matrícula no centro dos admitidos-as :20 ao 30 de xuño

PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN CLICANDO NA SEGUINTE IMAXE:

  Máis información sobre o centro e Educación infantil neste enlace

 

ADMITIDOS IES URBANO LUGRÍS

Comunicamos que todo o alumnado de 6º de E.P. que solicitou praza para 1º da ESO no IES URBANO LUGRÍS obtivo praza no mesmo.

No mes de xuño deberán formalizar a matrícula no IES. Avisarémolo dende o colexio.

PORTAS ABERTAS CURSO 2024-25

PREMA SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á  INFORMACIÓN REFERIDA A SERVICIOS, CONTACTO, HORARIOS...

O prazo para a solicitud e  de admisión  no centro abranga dende o dia 1 ata o 20 de marzo de 2024. Nesta data publicarase na páxina web toda a información relativa ao proceso de admisión.

 Non dubides en contactar con nós no correo  ceip.sagrada.familia@edu.xunta.es  para resolver cálquera dúbida.

SOLICITUDE IES URBANO LUGRÍS

Seguindo o establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, comeza o prazo para a reserva de praza daquel alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO no IES URBANO LUGRÍS ao que está adscrito o noso colexio.

O prazo para a presentación de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro ambos inclusive.

A solicitude pode cubrila dixitalmente na aplicación admisión alumnado e logo presentala asinada no centro ou en Sede electrónica

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargándoa no seguinte enlace, cubríndoa e presentándoa firmada na secretaría do noso colexio.

- IMPRESO ED550A.

* Esta solicitude tamén está a súa disposición na secretaría do cole e levarana o venres 12 de xaneiro as alumnas e alumnos de 6º.

Importante: A solicitude de reserva deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras da alumna/o. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora o anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento. 

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán o día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pode axudar este manual :

- MANUAL PARA FAMILIAS

O xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas, o IES URBANO LUGRIS invita ás nais e pais do alumnado de 6º a unha xornada de portas abertas onde poder visitar o centro e solventar dúbidas.

De non escoller o IES URBANO LUGRÍS, deberán presentar o IMPRESO ED550B no IES elexido entre o 1 e o 20 de marzo ambos incuídos, ou ben na Sede electrónica da Xunta ou na aplicación admisión de alumnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut