Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos
Proxecto Ríos 1º e 2º EP
admin — Lun, 20/06/2022 - 14:07
O alumnado de 1º e 2º de EP fomos ver un tramo do noso río Sar ao pouco do seu nacemento. Coñecemos o lugar no que se celebrou o Banquete de Conxo en 1856; a árbore española e segunda europea do 2022; recitamos o poema de Rosalía de Castro "Bajo el hacha implacable" que escribiu tras ver este Souto talado; tamén paseamos e merendamos á beira do Río que logo pasará por Padrón.
Traballo 5º Educación Primaria - Proxecto Ríos
admin — Lun, 20/06/2022 - 13:32
O alumnado do centro puido desfrutar dunha actividade de Contacontos (sobre animais de río) levada a cabo polos nenos e nenas de 5º EP.
Actividade Proxecto Ríos
admin — Mar, 07/06/2022 - 13:17
Proxecto Ríos - Charla
admin — Mér, 01/06/2022 - 13:29
O alumnado do colexio aprendemos un montón da arqueóloga Nina, que nos fixo ver a importancia que tiveron os ríos Sar e Ulla para a caza, pesca e vida diaria no Paleolítico. Para a agricultura e gandaría no Neolítico. Para os poboados castrexos e comercio intenso con outros pobos do mediterráneo na Idade dos Metais. A gran cidade romana de Iria Flavia e os portos comerciais. A gran importancia que tiveron tamén os nosos ríos na Idade Media coas pesqueiras, torres defensivas contra as invasións viquingas, Castelo da Rocha Branca,... E, posteriormente, se construíron muíños de auga ou batáns para tratar o liño máis coñecido a nivel mundial pola súa calidade. Tamén reflexionamos sobre a contaminación que sofre o río Sar nas últimas décadas despois de milenios dando vida a estas terras con augas de gran calidade.
Actividade Proxecto Rios. Na pementeira traballamos diferentes contidos relacionados cos rios e recitamos rimas sobre algúns ríos galegos.