Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos
Proxecto Ríos - Día do Medio Ambiente
admin — Mér, 07/06/2023 - 10:02
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria achegámonos ao Río de Seira, que o cole temos apadriñado no Xeovisor da Consellería de Medio Ambiente, e comprobamos a boa calidade das súas augas.
Coñecemos as árbores de Fondóns e atopamos macroinvertebrados como limnephilidae, efémeras, garridae, oligoquetos, múltiples odonatos coa súa curiosa mandíbula ou os curiosos sericostomatidae que fan a súa casiña de area.
Localizamos algúns anfibios, coñecemos algunhas especies invasoras e, finalmente, comprobamos que a auga estaba a 15º e con bos niveis de osíxeno, pH e nitratos.
Con todos os datos, concluímos que a calidade das augas deste afluente do Río Sar é boa e así o faremos constar no Xeovisor da Xunta de Galicia.
Gran experiencia na Natureza!!!
Na aula "A Pementeira" (4º EI) estivemos reflexionando sobre a importancia da auga e o fundamental que é manter os ríos limpos. Fabricamos unha depuradora caseira e fixemos unha actividade práctica filtrando auga "contaminada" para transformala en auga limpa. Posteriormente, recollemos toda a experiencia nunha montaxe en vídeo titulada "Coidemos os ríos".
Actividade Piragüismo 6º EP
admin — Xov, 01/06/2023 - 16:21
Proxecto Ríos - Educación Infantil
admin — Mér, 10/05/2023 - 17:39
En Educación Infantil traballamos os diferentes animais que hai polo río, a súa conservación, as súas características, así como a importancia de coidar o medio ambiente.
Proxecto Ríos - Recollida de Lixo
admin — Lun, 08/05/2023 - 16:17
O 27 de Abril as 6 aulas de terceiro, cuarto e quinto de Educación Primaria (en colaboración coa asociación Amicos) achegámonos a limpar as beiras do Río Sar a continuación do tramo que temos apadriñado. Logo separamos os residuos para reciclalos. Agora a entrada en Padrón dos peregríns está máis bonita e o río con menos lixo. Unha gran xornada!!!
Proxecto Ríos - 4ºA - Recollida de lixo no Río Sar
admin — Xov, 27/04/2023 - 13:58
Despois de recoller un montón de lixo na beira do río Sar, fixemos unha clasificación do mesmo. Foi unha xornada xenial de sensibilización medioambiental.
Proxecto Ríos - Educación Infantil 5ºA
admin — Mér, 01/03/2023 - 17:57
Proxecto Ríos
admin — Mar, 31/01/2023 - 19:18
En terceiro estudamos os temas dos animais e da auga e logo fixemos dous xogos cunhas cartas dos animais dos ríos Sar e Ulla (peixes, anfibios, aves e mamíferos). Facer parellas do animal co seu nome e outro de ver quen quedaba antes sen cartas.
Proxecto Ríos 4ºB
admin — Mér, 21/12/2022 - 11:23