Iniciar sesión
SECRETARÍA
Nesta xornada, o alumnado de 6º e 5º de primaria compartiu diferentes historias co alumnado de Infantil e 1º de primaria, respectivamente. Foi unha convivencia moi literaria!
Saída Fundación Camilo José Cela - 1º EP
admin — Ven, 10/05/2024 - 18:22
O alumnado de 1º de Educación Primaria visitou o venres, 10 de maio, a Fundación Camilo José Cela.
Un ano máis, as alumnas e alumnos da Pementeira (5º de infantil) participamos no Proxecto Ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. O obxectivo fundamental e que os nenos e nenas comprendan a importancia dos ecosistemas fluviais e vaian interiorizando accións encamiñadas a coñecer, respectar, coidar e manter os nosos ríos con boa saúde.
Nós, alumnas/os e profe da Pementeira, estivemos aprendendo moitas cousas sobre os ríos e reflexionamos sobre a súa importancia. Despois, entre todos, elaboramos un vídeo que resume esas aprendizaxes e que nos permite compartilas coas familias. Traballamos moito vocabulario, contidos relacionados co coñemento da contorna, pero tamén melloramos a expresión oral, fomentamos o traballo en equipo, a responsabilidade, a paciencia, a confianza nun mesmo, o afán de superación e moitas cousas máis. E tamén coloreamos con acuarelas unha paisaxe fluvial.
Para finalizar, disfrutamos pintando con acuarela unha paisaxe fluvial, unindo así a expresión verbal e non verbal, deixando fluír emocións a través das cores e fomentando a vivenciación de experiencias e a interiorización de actividades artísticas como un modo xenuino de comunicación humana.
Todo isto tamén o podedes ver no blog da Pementeira.
Saída Fundación Camilo José Cela
admin — Ven, 03/05/2024 - 14:13
O alumnado de 2º de educación primaria acudiu este venres, 3 de maio, á Fundación Camilo José Cela dentro dunha actividade organizada por Arenaria.
Polos Creativos (Formación)
admin — Xov, 02/05/2024 - 16:07
Polos Creativos - Robótica
admin — Lun, 29/04/2024 - 22:40
Iguala-T Contacontos
admin — Mér, 24/04/2024 - 20:20
Sesión Contacontos
admin — Mér, 24/04/2024 - 13:08
As crianzas de 6º de Educación Infantil desfrutaron dunha sesión de contacontos no marco do proxecto Voz Natura.