Skip to Content

Modrian.

Imos facer algo chupado! Collede un folio blanco e facede un debuxo nel empregando só as seguintes cores: azul, amarelo, vermello e negro.

Cando rematedes comparade o voso debuxo con este cadro de Mondrian: https://tiposdearte.com/piet-mondrian-biografia-corta-tecnicas-y-obras/

Que vos parece que está pasando no cadro de Mondrian? Por que pintou así? Que quería pintar?

Inventádelle un título á vosa obra de arte e tamén á de Mondrian. E escribídeos.

E se tedes ganas de traballar un pouco máis, pedídelle a mamá ou papá que vos debuxen algo grande con cera ou rotulador negro nun folio (un peixe, un coche, un corazón, un can, unha estrela,...) e logo vós coloreade ese debuxo ao "estilo Mondrian", con cadros de cores parecidos aos do seu cadro.

E sempre tedes tamén a opción de buscar nas imaxes de google as obras de Mondrian e desfrutrar con elas.

 

Xa me iredes contando.



page | by Dr. Radut