Skip to Content

Lámpadas de papel.

Para seguir co tema da luz e as sombras sería estupendo sumarnos a esta fantástica proposta de dous profes de Arte da Facultade de Ciencias da Educación de Lugo (ía coñecelos en xullo nun curso de verán no que eramos ponentes tanto eles coma mín, pero... suspendeuse! Outra vez será!).

Trátase de construir lámpadas de papel: https://www.escolaimaxinada.com/post/a-l%C3%A1mpada-de-papel-la-l%C3%A1mpara-de-papel

Pode ser con folios ou follas de xornal, de revista, etc... No cole, no recanto de Plástic, as vosas criaturas teñen sempre a man tesoiras e seguro que lles encanta esta técnica de cortar en papeis doblados (xa fixeron algo así con Yago e Paula). Podemos decoralos, etc...

E logo escoller unha das lámpadas que fagades e debuxala o máis real que se poida. Medila e escribir as medidas no debuxo.

E, para as/os máis traballadores, poñerlle nome á lámpada e escribilo.

Xa iredes contando...



page | by Dr. Radut