Skip to Content

Xogando coas sombras.

Por se nenas e nenos botan de menos a caixa de luz, propoño que xogemos coas sombras.

Trátase de buscar un sitio na casa no que dea o sol (perto dunha ventá, balcón, etc...) ou polo menos ter a man unha lanterna ou lámpada que poidamos enfocar (tipo flexo).

Poñemos no chan folios e enriba deles algún obxecto non moi grande (penso, por exemplo, en dinosaurios, bonecas, coches, excavadoras, etc...) e tentamos repasar con ceras ou lápis a sombra que proxectan no folio. E logo coloreamos e/ou completamos o debuxo como queramos.

E despois que expliquen (a modo de "manual de instruccións") paso por paso o que fixeron; e, por suposto, que o escriban (ou volo dicten).

 

Que vos parece? Xa iredes contando...



page | by Dr. Radut