Skip to Content

Escribamos un conto.

Hai un pintor sueco que me encanta: Carl Larsson. Ten obras marabillosas pero hoxe ímonos centrar no cadro "Un rincón acogedor". Podedes velo neste enlace: https://pixels.com/featured/2-cosy-corner-carl-larsson.html

Primeiro hai que miralo con atención, en silencio, con calma. E logo podedes dialogar con estas preguntas:

- Que está pasando agora? Que pasou antes? Que vai pasar despois?

Inventade un conto sobre o cadro e poñédelle título.

Que as nenas e nenos escriban (polo menos) o título. O resto do conto podedes facer que volo "dicten" e vós o ides anotando.

Podedes facer tamén unha listaxe das cousas que hai no cadro, empregando "dous puntos" e "guión".

Finalmente, poñede "Carl Larsson" en google (atrevédevos a irlles dicindo as letras e que o escriban eles/elas no ordenador ou teléfono) e botádelle unha ollada aos seus cadros: transmiten unha paz que moita faltiña nos fai nestes tempos extranos!



page | by Dr. Radut