Skip to Content

Traballo sobre personaxes dun conto, medidas e cantidades.

Escoitade a canción "Unha vella tiña un can" con moita atención: https://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=15&pagina=1#PD_Unha%20vella%20tia%20un%20can%20-%20Pan%20de%20millo%20-%20Migallas%20Te

Logo propóñovos:

- Facer unha listaxe das personaxes que saen no conto. Aproveitade para escribila introducindo os "dous puntos" (despois do título da listaxe; por exemplo, animais do conto) e os "guións" para explicar que as listaxes sóense facer así.

- Logo pensade cales deses animais que saen no conto poderían estar debaixo da vosa cama. Collerían? Comprobade medindo a parte de abaixo da vosa cama e averigüando canto miden eses animais. Que vaian tomando nota de todo nun papel, para practicar números e cantidades e ir comparándoas. Procurade que nenas e nenos formulen as súas hipóteses (34 é máis grande que 123 porque empeza por 3, que é maior) e tentade que comproben a súa veracidade.

- E se se puxeran todos eses animais uns enriba dos outros, canto medirían? Como podemos sabelo?

Veña, entre toda a familia (e con instrumentos de medida)seguro que aprendedes un montón.



page | by Dr. Radut