Skip to Content

Traballo de Filosofía, escritura e un reto.

Hoxe imos traballar un pouco cunha obra do artista xaponés Tetsuya Ishida. Podedes atopala neste enlace https://vapordeltiempopresente.com/2019/08/28/cuatro-miradas-sobre-ishida/. É o cadro no que aparece un rapaz en primeiro plano cun mapa pintado no peito.

Primeiro un pouco de observación e logo o diálogo:

- Que está pasando?

- Por que estará ardendo ese río?

- Para que leva pintado un mapa no seu corpo?

- Como se estará sentindo este rapaz?

 

Despois do diálogo podemos tentar poñerlle título ao cadro (e escribilo). E, para os máis animados e animadas, podemos pintarnos mapas no noso corpo (con algo que se poida borrar fácilmente, por exemplo, barras de labios, lápices de ollos, pintura de dedos, yogur de sabores, ou calquera outra cousa que se vos ocurra. Xa iredes contando!



page | by Dr. Radut