Skip to Content

INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA O VINDEIRO CURSO 2019-2020.

 

 

 NOTA INFORMATIVA

Como ben sabedes non se mandou mercar libro de relixión católica á espera de que se asignara o mestre u mestra de relixión.

Pois ben, xa se asignou e pide os seguintes libros:

 

Infantil de 3 anos: Relixión editorial Anaya ISBM: 978-84-678-1670-9.

Infantil de 4 anos: Relixión editorial Anaya ISBM: 978-84-678-1671-9.

Infantil de 5 anos: Relixión editorial Anaya ISBM: 978-84-678-1672-3.

 

Primaria 1º curso:

RELIXIÓN CATÓLICA. RODEIRA-EDEBE PRIMARIA 1º. TOBIH 2014. ISBN:

978-84-683-1425-9    CASTELÁN.

 

Primaria 2º curso:

RELIXIÓN CATÓLICA. RODEIRA-EDEBE PRIMARIA 1º. TOBIH 2011 ISBN:

978-84-683-0050-4  CASTELÁN.


 

Os demáis cursos teñen o libro co préstamo do centro.

 

 

DÍAS NON LECTIVOS DO CENTRO

   Neste curso, 2019-2020, os dous días de disposición do centro serán:

18 de outubro, día festivo local de Riotorto, San Lucas

20 de marzo, dia escollido tamén no Ceip da Pontenova.

FONDO DE LIBROS 2019-2020-LISTAXES DEFINITIVAS .

(No seguinte enlace pódese ver a relación DEFINITIVA do reparto do fondo de libros para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, no curso 2019-2020)

 LISTAXE DEFINITIVA  DO FONDO DE LIBROS.

FONDO DE LIBROS 2019-2020-LISTAXES PROVISIONAIS .

(No seguinte enlace pódese ver a relación PROVISIONAL do reparto do fondo de libros para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, no curso 2019-2020)

 LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS.

Nota.- Pódese consultar tamén a través da aplicación FONDO LIBROS da Consellería de Educación no seguinte enlace:

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/prv/CidadanSolListaxe-buscar.action

 

LISTA DE MATERIAL FUNXIBLE PARA INFANTIL

INFANTIL DE 3 ANOS.

INFANTIL DE 4 ANOS.

INFANTIL DE 5 ANOS.

LISTA DE MATERIAL FUNXIBLE PARA PRIMARIA

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LISTA DE LIBROS DE TEXTO DE INFANTIL

LISTA DE LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA..

 

FONDO DE LIBROS CURSO 2019-2020

Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria

 

    Comunicamos a todos os que presentaron solicitude para o fondo solidario dos libros de texto do alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que previsiblemente entre o día 2 (provisional) e o 5 (definitiva) de xullo será exposta no tablón de anuncios e na páxina web do Centro a relación coa lista ordenada do alumnado con dereito a que se lle asigne un lote. Este será entregado os primeiros días lectivos do vindeiro curso escolar (a partir do 11 de setembro de 2019).

 

    Lembrade que o centro prestará os libros que sobren sen adxudicar aos nenos ata que cheguen as existencias, poñerse en contacto coa dirección do centro aquelas familias a quen non lles adxudicaron o lote completo.

 

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR E ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN (RENTA 2018)

  

 

   As familias do alumnado que queiran presentar solicitude de praza de usuario do comedor escolar para o vindeiro curso,  deberán entregar  ANEXO II DA AUTODECLARACIÓN que permitirá saber, de ter praza de usuario, se teñen dereito á gratuídade ou ben pagar algunha das cuotas estipuladas dependendo da renta do ano 2018: 1 € - 2,5 € - 4,5 €. O alumnado do centro que non foi usuario así como o alumnado de nova matrícula que queiran solicitar servizo de comedor, poderán facelo presentando a solicitude e a autodeclaración a partir do 26 de xuño.

 

O Anexo II da Autodeclaración poderanse conseguir na secretaría do Centro ou mesmo descargalo NO SEGUINTE ENLACE, ( último documento dos relacionados): 

 

 

ANEXO_II.Autodeclaracion.odt .

INSTRUCCIÓN DE COMEDOR.

 

   Si pulsades no enlace descarga o documento no ordenador en descargas para traer cuberto.

   Lembrar que tedes que presentar no centro o modelo do anexo II do enlace anterior cuberto.

 

 

   O PRAZO PARA PRESENTAR A AUTODECLARACIÓN-ANEXO II REMATARÁ, INICIALMENTE, O DÍA 5 DE XULLO, AÍNDA QUE SE PODERÁ FACER TAMÉN NOS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO.

 

 

 

  

INICIO DO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2019-2020

 

   Estimadas familias,o vindeiro curso escolar iniciarase o mércores 11 de setembro. Dende o Ceip de Riotorto, desexámoslles que pasen un feliz verán.

   As notas, igual que en cursos anteriores, entregaranse o día 21 de xuño de 2019.

 

   ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN DOS ALUMNOS DE 6º DE E.P.

 

   Os alumnos de 6º de E.P. recollerán a documentación para entregar no IES no que se matriculen o 27 de xuño a partires das 12:00 horas. Deberán ser acompañados polo pai, nai ou titor e deixar firmado a constancia de habela recollido.

 

ENTREGA DE VALES DOS LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNOS DE 1º E 2º DE E.P.

 

   As familias que teñan concedido os vales para a axuda da compra dos libro de 1º e 2º de E.P., poderán vir recollelo a primeira e segunda semana de xullo na dirección do centro, así como o vale de axuda de material a quen lle veña concedido. Para recoller os vales será necesario que veñan pai, nai ou titor legal para firmar dita recollida. En caso de enviar a outra persoa a recoller o vale, terá que presentar a autorización firmada por escrito, onde figuren os datos de nome e apelidos e DNI tanto da persoa que autorice como da persoa autorizada.

 

   FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2019/2020


ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020
(Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019).


Centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º 2º,3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso
2018/19.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo - NEAE-)
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
- O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto
e das axudas para adquirir libros de texto. No obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

 

- ANEXO I debidamente cuberto.
- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Para o alumnado de EP e ESO
a) Anexo II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:
• DNI ou NIE
• Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, á falta deste, o certificado tributación de imputacións no exercicio 2017.
• Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
• Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo
ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)
b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro do 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia
2º. Certificado ou volante de convivencia.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores
carezan de DNI e NIE.
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2017, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

NOTA IMPORTANTE

 

Lembrade que o plazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 21 de xuño de 2019.

   

AnexoTamaño
Instrucion_2-2019_dos_comedores_de_xestion_directa_curso_19-20.pdf493.64 KB
fl003_provisional_adm_27011287_Pri._1906281223_a0beb122-e203-4c11-9d0d-22dc7c256827.pdf143.33 KB
MATERIAL PARA ALUMNOS DE 4 ANOS.pdf188.35 KB
copia de MATERIAL PARA ALUMNOS DE 3 ANOS.pdf195.6 KB
MATERIAL PARA ALUMNOS DE 5 ANOS.pdf188.42 KB
LIBROS DE TEXTO INFANTIL.pdf257.69 KB
Lista libros 2019-2020.pdf338.48 KB
LISTA DEFINITIVA ADXUDICACIÓN DE LIBROS.pdf147.4 KB
Material de 1º de Educación primaria.pdf534.25 KB
Material de 2º de Educación Primaria.pdf577.06 KB
Material de 5º de Educación Primaria.pdf610.75 KB
Material de 6º de Educación Primaria.pdf561.24 KB
Material 3º e 4º.pdf362.58 KB


page | by Dr. Radut