Skip to Content

ENTROIDO

                                                         

 

Estimadas familias!

Co galo da celabración do Entroido dirixímonos a vós para informarvos de que dadas as circunstancias sociosanitarias existentes no presente curso, o claustro de mestres acordou EXCEPCIONALMENTE, a non realización de disfraces no centro, porén festexarémolo traendo cada día da semana que vén unha consigna direrente.

  1. Luns: zapatos e calcetíns diferentes en cada pé.
  2. Martes: Un chicho no pelo.
  3. Mércores: Mantelo ( delantal)
  4. Xoves: Uñas pintadas.
  5. Venres: acumulación das catro consignas anteriores.

Nota aclaratoria:

Aqueles nenos ou nenas que non queiran facer as consignas anterormente citadas non estarán obrigados nin obrigadas; no canto diso poderán vir disfrazados de xeito libre da casa o venres antes das vacacións de entroido, sempre e cando non traigan complementos e o disfraz sexa o suficientemente cómodo como para non pasar frío nin calor para non ter que quitalo en toda a mañá.



page | by Dr. Radut