Skip to Content

COMEDOR ESCOLAR CURSO2020-2021

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

A solicitude e a autodeclaración debe presentarse cuberta e asinada, presencialmente, en secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 de luns a venres.
Prazo:Preferentemente facer a entrega do modelo cuberto aos titores o día que entreguedes o material, cando volo requiran ou facer a entrega a primeira semana de xullo na dirección do centro.
 
10 de xullo de 2020: publicación da lista provisional de usuarios admitidos.

 

12 de xullo - 20 de xullo de 2020: reclamación á lista provisional.

 

15 de xullo: publicación da lista definitiva de usuarios admitidos.

 

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor terán que cubrir a solicitude e o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que deberá ser entregada no centro.
Mediante este impreso os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos/as autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2019, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar, de acordo cos tramos fixados no citado Decreto.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut