Skip to Content

FONDO DE LIBROS CURSO 2020-2021

AXUDAS PARA O CURSO 2020-2021

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

 

Publícase no DOG de hoxe 19 de maio de 2020 a convocatoria de Fondo Libros.

 Chegará con presentar unha única solicitude (aínda que sexan dous ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro) tanto para fondo solidario (3º,4º,5º,6º) ou  axudas libros (1º, 2º) coma para material escolar (1º,2º,3º,4º,5º.6º).  Os formularios (anexo I e II) estarán dispoñibles na secretaría do centro ou descargándoos, anexo I e II.

 As familias poderán realizar a solicitude na aplicación FONDOLIBROS: unha vez cuberta e co número de solicitude asignado, poden imprimila e ENTREGALA NO CENTRO ou ben presentala na SEDE ELECTRÓNICA.  

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

CHAVE 365

É un sistema para identificarse online para calquera trámite da Xunta. MOI RECOMENDABLE.

 O prazo remata o 19 de xuño.  

 1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA
Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2019-2020.
Teranse en conta ás seguintes datas:
  • Ata o 19 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.
  • 01 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
  • 02 e 03 de xullo. Período de reclamación á adxudicación provisional.
  • 06 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións. Primeiros días de clase de setembro. Entrega dos libros asginados do alumnado.
NOTA:
  • No curso 2020-2021, cambiaranse os libros de 1º, 3º e 5º de E.P.
  • Polo tanto, o fondo de libros deste niveis queda vacío.
  • As familias que teñan aprobada a axuda, recibirán ben 4 libros ou 6 l, en función da renda proporcionados polo centro educativo.
  • Os alumnos de  4º e 6º beneficiaranse do fondo de libros do centro, polo que os alumnos e alumnas destes niveis terán os libros do fondo do centro.

 

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS

Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
  • Do 01 ao 06 xullo. Entregarase o Vale de libros aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo. 

3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

  • Do 01 ao 06 de xullo.
  • Entregarase o Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.   A solicitude deberá estar asinada pola pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da oonvocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos. PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE PREGUNTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO OU NA WEB DA XUNTA DE GALICIA PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE 
AnexoTamaño
FONDO DE LIBROS.pdf185.29 KB


page | by Dr. Radut