APERTURA DA BIBLIOTECA

          O pasado 24 de Outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, abrimos  a biblioteca do noso centro. Como este curso imos traballar sobre o Medio Ambiente, os "Chiscoaxudantes" de 5º de E.P. prepararon un conto moi bonito que ten moito que ver coas bibliotecas e co tema a traballar: A árbore da escola, de Antonio Sandoval.

           Ademais puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras", que todas e todos estabamos agrardando con impaciencia, e o empréstito de libros.

 

 

           Esperamos que todos e todas desfrutedes mergullándovos nos libros, contos e historias e viaxedes polos marabillosos mundos que nos ofrecen.