Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

LUPO E URSO LEVAN MÁSCARA

Durante os primeiros días de curso na materia de plástica (Arts & Crafts), os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria crearon máscaras moi orixinais para as súas mascotas o lobo Lupo e o oso Urso das Montañas do Courel. Ademais, aprenderon vocabulario relativo ás partes da cara: ears, nose, mouth, eyes... Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Agardamos que vos guste! 

VISITA O COLEXIO BRAULIO DOS BOLECHAS

Onte, día 5 de outubro, os nenos e nenas de segundo de primaria tiveron a visita de Braulio dos Bolechas, quen lles explicou moi ben para que serve o teléfono de emerxencias, 112, cando se debe usar, como usalo; e tamén, como son as súas instalacións e o seu funcionamento. Esta actividade tivo lugar na biblioteca do colexio.

NORMA E PAUTAS. EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2020 - 21

Premer AQUI

PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Premendo AQUÍ podedes descargar un documento informativo para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil. Nel podedes atopar información da incorporación escalonada dos nenos e nenas ó centro así coma das pautas e normas de funcionamento.

 

ARTS AND CRAFTS AT HOME

Durante estes tres meses nos que a actividade lectiva foi suspendida, o alumnado de primeiro de primaria continuou creando dende a casa. Aquí vos deixamos unha mostra do que fixeron estes grandes artistas! Agardamos que vos guste!

Distribuir contido


by Dr. Radut