Skip to Content

A AVENTURA ESTÁ NO MAR

 

 O martes 16 de novembro de 2010 no noso colexio tivemos unha actividade moi pedagóxica e divertida: os alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron nas actividades da campaña da Xunta de Galicia "O sabor da aventura está no mar".

 A través dun divertido relato coñeceron distintos peixes e formas orixinais e atractivas de preparalos:

- Hamburguesa de sardiña.

- Lasaña de xurelo.

- Pizza de lirio.

- Paella de rodaballo.

- Fideuá de mexilóns.

- Albóndegas de pescada.

- Croquetas de troita.

 Despois, no comedor, poidemos degustar un destes pratos: "Fideuá de mexilóns".

 Esta campaña consiste en poder degustar no comedor escolar, ata as vacacións de Nadal, sete pratos preparados a base de peixe, como primeiro ou segundo prato.

 As datas previstas son: 16, 24, 25 e 29 de novembro e 9, 13 e 16 de decembro. Polo tanto, neses días o menú mensual poderá sufrir algunha modificación.

 No CEIP de Quiroga estamos concienciados da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, por iso, nos parece moi interesante a participación do noso alumnado neste tipo de actividades.

Para ver as fotos deste evento no noso centro preme nesta imaxe

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut