Skip to Content

MAGOSTO 2010

 

 O pasado mércores día 10 de novembro celebramos o Magosto no noso cole. Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga foron traendo no transcurso desta semana este produto outonal tan rico, as castañas.

Neste día, pola mañá realizamos diferentes talleres e obradoiros, como podedes ver nas fotografías e xa pola tarde colgamos os nosos traballos polos corredores do colexio e baixamos para o patio para degustar ese manxar exquisito, castañas asadas. Despois tamén tivemos tempo para o ocio, xogando e bailando ata non poder máis. Pasámolo de marabilla!!!

Para poder ver as nosas fotos preme na seguinte imaxe               

VER MURAIS DO MAGOSTO 2010

VER VIDEO: MAGOSTO 2010 - CEIP DE QUIROGA 

 

CUENTO: LA CASTAÑERA

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut