Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-25

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/2025, comunícase:

As solicitudes para 4º de Educación Infantil presentadas en prazo están todas admitidas.

Por outra parte, a familia do alumnado que solicitou praza en 3º de Educación Primaria deberá presentar a documentación complementaria xustificativa dos méritos alegados (se non a entregaron xunto coa solicitude de admisión) para realizar a baremación, xa que non hai vacantes dispoñibles.

O prazo de presentación desta documentación, é do 21 de marzo ao 5 de abril. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario.

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos en cada un dos cursos: o 25 de abril (no taboleiro do centro educativo ou en sede electrónica).

- Publicación das listaxes definitivas: o 15 de maio.

- Prazo de formalización da matrícula para os admitidos será do 20 ao 30 de xuño.

 



story | by Dr. Radut