Iniciar sesión: Acceso

Revista Escolar

REVISTA ESCOLAR

 O NOSO LABOR

    A revista escolar O NOSO LABOR sae á luz por primeira vez no ano 1987. Os rapaces son o principal elemento para a elaboración da revista coa axuda dos seus mestres. Aquel ano, o Día das letras Galegas estaba dedicado a FRANCISCA HERRERA GARRIDO, e fíxoselle unha pequena homenaxe falando un pouco da súa vida. Dende entón, tódolos anos, hai algunha páxina dedicada ó personase das Letras Galegas para dalo a coñecer entre o alumnado. A finalidade da revista é que a comunidade educativa participe dunha actividade conxunta poñendo o seu gran de area, que sempre é valioso por moi pequeño que este sexa. Tamén se pretende que os rapaces utilicen o galego, aínda que no noso centro a maioría dos nenos/as xa son galego falantes. A revista consta de relatos, poemas, entrevistas, debuxos, noticias, pasatempos, etc.       
Distribuir contido

Back to top