Iniciar sesión: Acceso

A nosa mascota

CASCABELA

 A NOSA MASCOTA

 CASCABELA

  

Érase unha vez unha artista de circo que se chamaba Cascabela e que vivía no país dos tunantes.

     Un día, foi na súa caravana en busca dun tesouro e encontrou un pobo. Acercouse a el e aparcou a súa caravana no peirao de Portosín. Saiu da caravana e viu un colexio cheo de nenos.

     Chegou ó colexio co mapa na man. Abriu o mapa e mirouno. No mapa dicía que o tesouro estaba na biblioteca. Entrou na biblioteca, abriu a porta e viu o tesouro dentro: ¡Un montón de libros!.

      Había libros dos Bolechas, de Carapuchiña Vermella, de ferramentas, de aprender o golf, o libro das letras... Cascabela sorprendeuse e puxo cara de alegría. Foi xunto o tesouro e púxose a ler un libro dos Bolechas e lle gustou. Gustoulle tanto que Cascabela dixo:

- ¡Quédome na biblioteca a ler todos os libros unha e outra vez!  Unha e outra vez, unha e outra vez, unha e outra vez, e outra vez, e outra vez, e outra vez, e outra vez...

Distribuir contido

Back to top