Iniciar sesión: Acceso

Presentación

PRESENTACIÓN

 EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Equipo de Normalización Lingüística do centro funciona dende o curso 1991-92, pois esta é a data na que aparece por primeira vez no libro de actas de reunións do claustro. Nesa mesma época ábrese un libro de actas no que se recollen tódolos acordos tomados por este equipo.        Este grupo é o encargado de velar polo cumprimento da normativa vixente en canto ó uso da lingua galega. Tamén se encarga de programar actividades cara ó fomento do seu uso.       Antes de que se constituíse este equipo, era o departamento de lingua o que se encargaba de programar estas  actividades.      Tódolos anos, no mes de setembro, se renovan os seus membros, pero coidando que haxa sempre un representante de cada un dos ciclos de infantil e primaria.      Entre os obxectivos e actividades que se propoñen todos os anos están os seguintes:

- Estudo sociolingüístico, no mes de maio, dos alumnos de nova matrícula en E.Infantil e 1º Ciclo de Primaria, cara a realizar o informe da lingua de escolarización.

- Programación de xogos tradicionais galegos para a celebración do magosto.

- Exposición de postais de nadal coa felicitación en galego.

- Celebración do Día Escolar pola Paz.

- Celebración do Día do Libro.

- Dinamización do entroido

- Celebración do Día das Letras Galegas.

- Elaboración dunha unidade didáctica sobre o personaxe ó que se lle dedica o Día.

- Publicación da revista escolar O NOSO LABOR.

- Participación en campañas de fomento do uso do galego.

- Programación de xogos populares para o magosto e a festa de fin de curso.

- Animar a participar nos distintos concursos de poesía e narrativa que se celebren na zona.

- Incrementar o número de libros en galego na nosa biblioteca.

- Animar a toda a comunidade educativa a usar o galego como lingua vehicular.

- Velar polo cumprimento da normativa vixente.

 

A Consellería ofrece todos os anos unha pequena subvención para poder levar a cabo estas actividades.

Distribuir contido

Back to top