Educación Infantil

 A PESARES DO COVID 19 E DOS CONFINAMENTOS, OU XUSTAMENTE POR ISO, AS NENAS E NENOS DE E. INFANTIL ESTÁN DE VIAXE.

E DEBE SER QUE NON SE DABAN POSTO DE ACORDO NO DESTINO, QUE DECIDIRON DAR UNHA VOLTA AO MUNDO COA PERSONAXE DA NOVELA DE JULES VERNE, PHILEAS FOGG. BUENO, MAIS BEN COA SÚA VERSIÓN ANIMADA: WILLY FOG.

DEBERAN COMPLETAR A SÚA VIAXE EN 80 DÍAS, PERO PENSO QUE XA LEVAN MÁIS TEMPO E AINDA ESTÁN COMEZANDO, PORQUE ISO DE VIAXAR TAN ÁS PRESAS NON LLES DEBE PARECER MOI BOA IDEA.

OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE PRIMARIA, XA QUE NON PODEN XUNTARSE CON ELES E CONTARLLES COUSAS DOS PAÍSES QUE VAN VISITANDO, DECIDIRON ENVIARLLES VIDEOS DAS SÚAS VISITAS A ESES PAÍSES (AINDA QUE NO COLE NON TEMOS CONSTANCIA DE AUSENCIAS PROLONGADAS AO CENTRO POR PARTE DESTE ALUMNADO- DEBEN FACER VIAXES EXPRES POLAS TARDES)

MIRADE QUE VÍDEOS MÁIS CHULOS...E QUE GAÑAS DE VIAXAR!!!

 

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL DESÉXANVOS BO NADAL!Beso

 

 

Os nenos e nenas de infantil puxémonos creativos e fixemos este mural para celebrar o Día contra a violencia de xénero.

As mulleres das nosas vidas, todas diferentes pero igual de libres.

Esperamos que vos gusten!

Premede na imaxe para vela máis grande!

Este curso tan peculiar chegou ao seu fin e os nenos/as e profes queremos despedirnos con este vídeo! Vémonos en setembro coas pilas recargadas, pasade moi bo verán Guay

 

Ola familias!

Aquí tedes os vídeos cos nosos pequenos científicos para o reto Pequeciencia.

Esperamos que vos gusten.

Ola familias!

Aquí vos deixamos as últimas actividades que nos propón a mestra de Audición e Linguaxe.

Esperamos que vos sexan de utilidade.

Bo verán! Guay

No blog de educación física tedes un último reto:

efponzos.blogspot.com

enviades as fotos a efponzos@gmail.com

Unha aperta

Ola familias!

Hoxe traémosvos o último reto do curso. Xa que non podemos despedirnos como nos gustaría queremos facer un vídeo con fotos ou vídeos que nos enviedes despedíndovos. Tedes todo explicado no documento adxunto. A data límite para enviar todo é o 13 de xuño

Tamén vos adxuntamos as tarefas de música, audición e linguaxe e relixión.

Esperamos as vosas despedidas! Sorriso

A mestra de Audición e Linguaxe propónnos unha serie de actividades para levar a cabo durante esta semana que vos achegamos no documento adxunto.

Tedes a actividade desta semana no blog de Educación Física. Mandade os videos a efponzos@gmail.com (non ao outro). Tedes de prazo ata o próximo domingo.

EFPONZOS.BLOGSPOT.COM

Distribuir contido