blogue deartur

 A PESARES DO COVID 19 E DOS CONFINAMENTOS, OU XUSTAMENTE POR ISO, AS NENAS E NENOS DE E. INFANTIL ESTÁN DE VIAXE.

E DEBE SER QUE NON SE DABAN POSTO DE ACORDO NO DESTINO, QUE DECIDIRON DAR UNHA VOLTA AO MUNDO COA PERSONAXE DA NOVELA DE JULES VERNE, PHILEAS FOGG. BUENO, MAIS BEN COA SÚA VERSIÓN ANIMADA: WILLY FOG.

DEBERAN COMPLETAR A SÚA VIAXE EN 80 DÍAS, PERO PENSO QUE XA LEVAN MÁIS TEMPO E AINDA ESTÁN COMEZANDO, PORQUE ISO DE VIAXAR TAN ÁS PRESAS NON LLES DEBE PARECER MOI BOA IDEA.

OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DE 6º DE PRIMARIA, XA QUE NON PODEN XUNTARSE CON ELES E CONTARLLES COUSAS DOS PAÍSES QUE VAN VISITANDO, DECIDIRON ENVIARLLES VIDEOS DAS SÚAS VISITAS A ESES PAÍSES (AINDA QUE NO COLE NON TEMOS CONSTANCIA DE AUSENCIAS PROLONGADAS AO CENTRO POR PARTE DESTE ALUMNADO- DEBEN FACER VIAXES EXPRES POLAS TARDES)

MIRADE QUE VÍDEOS MÁIS CHULOS...E QUE GAÑAS DE VIAXAR!!!

 

No blog de educación física tedes un último reto:

efponzos.blogspot.com

enviades as fotos a efponzos@gmail.com

Unha aperta

O día 14 de xuño conmemórase o Día nacional das linguas de signos. Dende o cole de Ponzos, preparamos este pequeno vídeo para dar visibilidade a esta fermosa lingua. Esperamos que vos guste.

Tedes a actividade desta semana no blog de Educación Física. Mandade os videos a efponzos@gmail.com (non ao outro). Tedes de prazo ata o próximo domingo.

EFPONZOS.BLOGSPOT.COM

No blogue de Educación física tedes a nova proposta para esta semana.

efponzos.blogspot.com

 

No blog de Educación Física tedes a actividade desta semana...e tamén as anteriores, para os/as que ides con retraso.

efponzos.blogspot.com

Ola a todos e todas.

Téñovos unha nova proposta de actividades para facer esta semana.

Espero que vos guste e o pasedes ben. Podedes atopala en https://efponzos.blogspot.com/

Unha aperta.

Ola a tod@s!

Fixen un blog de Educación física para agrupar todos os retos que vos propoño.https://efponzos.blogspot.com/

Mandade un vídeo co nivel acadado a efponzos@gmail.com, que ten máis capacidade que a outra dirección de correo.

Podedes retomar os retos anteriores e enviarmos a ese correo, que hai quen non fixo ningún ...E VOS IDES OXIDAR!!!

Ánimo! Unha aperta

Distribuir contido