Como ven sendo habitual nestes últimos anos, coincidindo co "Día das Letras Galegas", celebramos a nosa "Semana Cultural" con actividades complementarias para todos os ciclos.
Este curso contamos coa seguinte programación:
(Preme en cada actividade para ver as fotos)
Venres, 8 de maio
Obradoiro literario coa escritora AN ALFAYA
Luns, 11 de maio
Instituto de Estudos Galegos “ Padre Sarmiento”
2º Ciclo: A investigación arqueolóxica.
3º Ciclo: O Megalitismo.
Martes, 12 de maio
Ciencia Máxica
Infantil 3 anos: Eu quero ser dentista.
Infantil 4-5 anos: Fábrica de aromas.
1º Ciclo: Eu quero ser astronauta.
2º Ciclo: Eu quero ser científico.
3º Ciclo: Antiviolencia-Comité de sabios.
Mércores, 13 de maio
Infantil e 1º ciclo: Sesión de contacontos con Manolo Solla
3º ciclo: Os xornalistas volven ás aulas. Obradoiro con D. Alfredo López, redactor de La Voz de Galicia.
Xoves, 14 de maio
Obradoiro de debuxo e ilustración con PEPE CARREIRO.
Venres, 15 de maio
E. Infantil: Visita ao Museo de Arte Contemporáneo -MARCO.
1º e 3º ciclo: Visita ao Museo de Pontevedra.
Martes, 19 de maio
Animación á lectura con BENXAMÍN MÍGUEZ.
Mércores, 20 de maio
Videoconferencia co Loro Parque (Tenerife): “Desayuno con los tiburones”.