A principios deste curso, a Policía Local de Pontevedra, dentro da súa campaña educativa no Concello, convocou un concurso cartas e outro de mensaxes SMS sobre Educación Viaria.
O alumnado de 5º do noso centro, xunto co resto dos do Concello, participou nesta iniciativa e, dos premios convocados, 5 viñeron parar ao noso Colexio (4 no concurso de SMS aos que lle corresponden teléfonos móbiles e 1 no de cartas agasallado cunha bicicleta).
VER O ESCRITO DO CONCELLO COMUNICANDO A RESOLUCIÓN DO CONCURSO
Estes son os traballos gañadores no apartadao de SMS:
María Lago Bernárdez
"Os Reis Magos seguen a estrela, ¡Segue tí os sinais da carretera!
|
Patricia Barreiro Cima
Neste Nadal que non te confundan as luces de cores: ¡Cruza en verde!
|
Paula Bouzón Pérez
¡Coidado no Nadal! e controla o pedal.
|
Santi Vigo Seoane
Conducindo neste Nadal, deixa no peto o móbil soar.
|
No apartado de cartas resultou gañadora a presentada por
Nicolás Cabaleiro Somoza.
¡¡NORABOA A TODOS!!