Skip to Content

Departamento de orientación, Pedagoxía terapéutica, Audición e linguaxe, Orientación

Bolsas NEAE

Titoriais Agueiro

Estimulación Sensorial

"Desde el cole queremos destacar la importancia de la estimulación sensorial en el desarrollo y aprendizaje de los niños y niñas. Se trata de una terapia que se centra en la estimulación de los sentidos a través de numerosas técnicas. Aquí tenéis un tríptico con más información."

 

Recomendación para o Nadal

Achégase o Nadal, tempo de gozo en familia.
Nestas datas as nenas e os nenos reciben agasallos que agardan con moita ilusión.
Dende o cole invitámosvos a que o agasallo máis grande de todos este ano sexa o TEMPO COMPARTIDO EN FAMILIA.

Un xeito divertido de compartir momentos en familia é cos xogos de mesa. Por este motivo vos deixamos unha selección de xogos que, ademáis de facernos pasar un bo ratiño, estimulan diferentes aprendizaxes.

Pasade unhas moi boas festas!

  

Cadelar

Durante 5 sesións puidemos gozar no centro da presenza de Cadelar poñendo en marcha as intervencións asistidas con animais. Un curso máis, Nuba puño as súas patiñas no CEIP Eduardo Pondal para ensinar e acompañar ao noso alumnado.

Grazas a Aloumiños por facer posible que Cadelar estivese de noso no noso cole.

Emocións

Ser conscientes das emocións, de como nos sentimos é importante para autocoñecernos, saber reaccionar en diversas situacións... Por iso esta semana Angela envía unha proposta de actividades e xogos que  os nenos e nenas poden facer na casa e cos amigos ou a familia. Para algúns tamén van adxuntos os materiais necesarios.

Memoria e atención

A memoria e a atención son moi importantes á hora de estudar, aprender e estar na clase. Por iso esta semana Angela envía unha presentación (tamén en pdf, se a queren descargar) con pequenos xogos para practicar ambas. 

Reto lingüístico

Esta semana Ángela enviavos un reto lingüístico. Tedes que ler moi atentamente o texto para conseguir a clave que vos axude a gañar a este virus

Reto matemático

Seguindo o traballado do Refoza-T, Ángela achega este reto matemático. Probade a ver se sodes quen de superalo!

Técnicas de estudio

Deixamos aquí unhas pautas para facer esquemas e para aprender a estudar que seguro vos serán moi útiles. Se pinchades na imaxe tedes a versión en vídeo e tamén están en adxunto para descargar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut