Skip to Content

Secretaría

Admisión do Alumnado para o Curso 2022-2023

Prezadas familias:

Dende o luns 8 de xaneiro está aberto o novo prazo de admisión de alumnos en centros educativos. Nesta primeira fase soamente está activa a solicitude de reserva en centros adscritos para cambio de etapa educativa (primaria a secundaria). No noso caso implica unicamente ao alumnado que vai realizar a educación secundaria no IES de Beade.  Tedes toda a información no documento que se abrirá ao facer "clic" na imaxe. Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría (886 120 257).

 

Centro ADIX

Estimadas familias:

Segundo a resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022, o noso centro foi seleccionado para participar nesta rede. Poderedes atopar toda a información facendo click na imaxe.

Solicitude máscaras para o alumnado

 

 

Estimadas familias,

Informámosvos de que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou, no Diario Oficial de Galicia do pasado venres 12 de novembro, a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado que cumpra uns determinados requisitos.

Será beneficiario directo o alumnado ao que se lle concedese a axuda de material escolar no curso 2021-2022, polo que xa non ten que presentar solicitude.

En cambio, ten que presentala  do 15 ao 26 de novembro o alumnado que non fose beneficiario da axuda de material escolar e que cumpra algún dos seguintes requisitos: pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros ou estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Na seguinte ligazón tedes toda a información, así como o modelo de solicitude.

 

Circular inicio curso académico 2021/2022

Calendario Escolar 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut