Skip to Content

Semana Final Otero

Bos días a toda a Comunidade Educativa  do CEIP Otero Pedrayo.

Esta será a última semana do curso 2019/20, pero por motivos sanitarios NON será a última semana que todos coñecemos como en cursos anteriores. Non haberá excursións, nin festas de despedidas, nin nervios por aprobar, todo isto cambióu o 14 de marzo, e desde ese momento a Educación do Alumnado do Ceip Otero Pedrayo tamén cambiou, ao igual cas nosas vidas, co teletraballo, educación a distancia, convivencia no fogar durante 24 horas durante moitos días, mascarillas, distancia de seguridade, etc...

Desde o área de Educación Física quería agradecer a todas as familias do Otero Pedrayo a súa implicación neste periodo escolar- fogar e polo gran esforzo feito nestos momentos inolvidables das nosas vidas. Simplemente agradecervos a atención prestada coa materia educativa de Educación Física neste intre e a boa labor feita cos vosos/as fillos/as neste periodo sen presencial escolar. 

Para despedirme vos deixo un par de actividades para esta semana. espero que sexan do voso agrado.

Saúdos e Apertas do profe Paco

 

KAHOOT DE EDUCACIÓN FÍSICA FINAL

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut