Skip to Content

Listaxes de beneficiarios das axudas 2024/2025

Datas de publicación de listaxes de beneficiarios das axudas de libros de texto, material
escolar e datas de entrega de vales para o vindeiro curso (2024/2025):

  • O PRAZO COMEZA O DÍA 22 DE MAIO E REMATARÁ O DÍA 21 DE XUÑO
  • PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO: 27 xuño.
  • PERIODO DE RECLAMACIÓNS: Do 28 de xuño ao 1 de xullo (ambos inclusive) de 10:00h a 13:00h.
  • PUBLICACIÓN DEFINITIVA DE LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO: 2 de xullo.
  • ENTREGA DE VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: 3,4 e 5 de xullo de 10:00h a 13:00h. Os vales non recollidos estes días, serán entregados en setembro.
  • ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO: 11 de setembro.


A Dirección

Ayudas fondo libros 24/25

 

Convocatoria das axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de EP, ESO e EE para o curso 2024-25. ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio).

O prazo comeza o 21 de maio e rematará o 21 de xuño de 2024 (ambos icluídos)

O procedemento administrativo ED330B comprende:

1. Fondo solidario de libros para 3º e 4º de EP. Manteranse os libros do curso 2023/24.
2. Axudas para adquirir libros destinadas ao alumnado de 1º E 2º de EP e EEasí como as axudas que pode recibir incluído nas disposicións adicionais 1º e 2º da orde.
3. Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de EP e EE.
4. O alumnado de 5º e 6º  de EP incluído en EDIXGAL está excluido da partcipacion no fondo e das axudas, pero SÍ poderán solicitar únicamente a axuda para material.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

✓ Electrónica: https://sede.xunta.gal/portada. Necesitará conta de Chave365 ou tercertificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
✓ Presencial cubrindo os datos nesta aplicacióhttps://www.edu.xunta.gal/fondolibros/Imprima os Anexos I e II e presenteos no centro. Os anexos están dispoñibles na secretaría, na web do cole e tamén https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

Un saúdo.

 

Xornada de Convivencia: 15 de maio

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2024-25

 

O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. As solicitudes deberán cumplimentarse mediante formulario en internet:

 https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

Poderán presentarse en sede electrónica acompañando en formato PDF (escaneado) a documentación requerida.

No suposto de que o solicitante non dispoña de firma aceptada pola sede electrónica, unha vez cumplimentada a solicitude de forma telemática deberá imprimir o modelo e presentalo con todas as firmas requeridas e demais documentación, nalgún dos lugares indicados no Artículo 10 da Resolución.

RESOLUCIÓN

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/754862/document/1050557

 

 

Happy Easter, Happy Spring. Love and Joy in Everything

Para rematar o proxecto competencial de 4°P do segundo trimestre, nenos e nenas de 3 anos fan a busca dos ovos de Pascua.

Esta busca consistiu nun traballo de creación de tarxetas coa aplicación Canva, a presentación do alumnado de ambos cursos, a aprendizaxe en inglés das palabras clave da Pascua e a busca guiada polos recunchos da biblioteca, dando a coñecer estos espazos aos máis cativos.

Tivemos a satisfacción da colleita, a posta en común na aula dos maiores, a comida do chocolate e, por último, a actividade de pintar ovos para decorar o noso Easter Tree.

Así mesmo o alumnado de 1 e 2 en Arts, amosaron a súa creatividade na decoración dos ovos da Pascua, en colaboración coa nosa Auxiliar de Conversa e o departamento de Lingua Estranxeira.

Happy Easter, Happy Spring. Love and Joy in Everything by María Fernández, Estela Rodríguez, Mónica Rodríguez, Rafael Rodríguez, Tatum Scott, Nani Lima está licenciada bajoAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International

Distribuir contido


by Dr. Radut