Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr1: Pazos de Reis - Tui (05/11) – COUSAS DA RAPAZADA

TÍTULO : “COUSAS DA RAPAZADA”

AUTOR:  Peter Bichsel

EDITORIAL: Alfaguara- Obradoiro

TRADUTORA: Marga Romero

Peter Bichsel  escribiu este fermoso libro  en alemán, pero nós lémolo en galego, grazas a tradución de Marga Romero. Neste programa, incluímos un resumo da entrevista que lle fixemos os alumnos de 5º , a esta escritora que vive en Tui.

  Polo seu título pensaredes que no libro se contan historias que lles pasan aos rapaces. Pois non, a verdade é que son cousas que lles pasan a persoas maiores, pero persoas un pouco especiais. Son especiais porque fan cousas que recordan ao que facemos os nenos. Aconsellámosvos lelo máis dunha vez e así poderedes descubrir moitas cousas interesantes. 

   Neste programa tamén hai un concurso no que podedes participar: hai unha pregunta á que tedes que contestar. Para saber o que facer, ide a este enlace do blog de 5º. 

 

  • Genre: Blues
  • Length: 10:06 minutes (23.12 MB)
  • Formato: MP3 Stereo 44kHz 320Kbps (CBR)


audio | by Dr. Radut