Skip to Content

Novas

MONTES DE CONTOS

Desde a AFA do Cantel lanzamos unha proposta gratuita, ecolóxica, sostible, divertida, corresponsable, entretida, aberta, inclusiva, na que as familias sodes protagonistas!
 
Máis información no cartel e as respostas a todas ás vosas preguntas en:
afaceipcantel@gmail.com.
 
 

FORMACIÓN EN MATERIA DE DISCAPACIDADE

Estimadas familias,

Fapacel en colaboración con COGAMI vai a iniciar unha serie de actividades de formación en formato non presencial (online) dirixidas a familias que terán unha segunda parte dirixida ao alumnado a comezos do vindeiro ano.

A primeira sesión no presencial é o próximo mércores día 28 de 16:30 a 17:30.

Se estades interesadas podedes inscribirvos aquí:

https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=9kHnOwBTOUya4RNLerEZ...

ACTIVIDADE GRATUITA: TENIS

Prezadas familias,

O Clube de Tenis de Foz oferta durante os meses de outubro e novembro a actividade de Iniciación ao Tenis de forma gratuita, a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas tedes que cubrir este formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfg9ENfMeoDuZ1qgdBlXK5XFo_9dhmuGm-LCRey1273UH_hgg/viewform

 

Saúdos

AFA CEIP o Cantel

22 DE SETEMBRO, DÍA SEN COCHES

Convidamos a toda a comunidade educativa: profesorado, familias, persoal de cociña, limpeza, administración, etc. a celebrar este 22 de setembro chegando ao Cantel a pé.

Se vos achegades por Corporacións ou por Mestre Lugilde podedes estacionar o voso vehículo no aparcadoiro traseiro da Sala Bahía. Se vindes da parte de Marzán podedes aparcar a carón do Centro de Saúde.

 

Axenda escolar

Prezadas familias,

despois de moitos atrancos e dificultades, esta tarde por fin, a editorial á que encargamos as axendas escolares comunicouse con nós e acordamos ir a recollelas a medio camiño para poder telas mañá a primeira hora no colexio. Fixemos todo o que estivo nas nosas mans para que as axendas estiveran listas o primeiro día de clase pero por motivos alleos a nós non foi posible. Sentimos moito o retraso e as molestias que isto vos puido ocasionar nos comezos deste curso.

 

Un saúdo

AFA o Cantel

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut