Skip to Content

Blog da biblioteca

Libros de inverno e Nadal!

O inverno e o Nadal xa están aquí! En consecuencia, decidimos realizar outra escolma de obras, neste caso, relacionadas con ambas temáticas. Estarán no expositor da entrada, e agardamos que vos gusten!

25-N

Ó longo dos vindeiros días, estará no expositor da entrada unha escolma de obras relacionadas co 25-N, é dicir, o Día Internacional da Violencia contra a Muller. Amais, están clasificadas por ciclos e niveis. Agardamos que vos gusten!

Novas normas!

Temos unhas novas normas para a biblio neste curso 2023-2024! Son poucas e doadas de cumprir, por exemplo: Debes estar en silencio ou falar baixiño! Lembra que estarán na propia biblio, e tamén dispoñen delas as/os túas/teus titoras/es!

Semana do Libro

Durante a Semana do Libro (do 17 ao 21 de abril de 2023) dende a Biblioteca tivemos varias actividades:

CREACONTOS: Actividade onde escribimos historias con dados xigantes e que logo os máis pequenos titularon. As nosas creacións están xa colgadas nas ventás da Biblioteca:

 

CULTURA POR SOLIDARIEDADE: Na que os voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria intercambiaron libros por produtos para o banco de alimentos de Foz e para a Protectora de Animais. 

Queremos agradecervos a gran colaboración que tivemos por parte de toda a comunidade educativa.

GRAZAS de todo corazón!!!

CULTURA POR SOLIDARIDADE

A vindeira semana é a semana do libro e dende o voluntariado da nosa biblioteca imos levar a cabo un intercambio de produtos para o banco de alimentos e para a protectora de animias por un libro.

Anímate a participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut