MADEIRA PARA CAIXAS NIDO
MADEIRA PARA AS CAIXAS NIDO
Curso 23-24
Club de ciencias
No club de ciencias seguimos avanzando co noso proxecto sobre a biodiversidade das aves da contorna.
Grazas a aportación de Marmolería Norfert S.L en Guillarei, unha familia do cole, xa temos a madeira para elaborar as nosas caixas nido.
Nas próximas semanas comezaremos co taller de elaboración das 42 caixas nido.
Moitísimas grazas pola vosa aportación e por colaborar sempre.