Deporte en Tui
VIII Triatlón Tui-Porriño.
Sábado 27 de maio de 2023
Marina de Tui
O pasado sábado día 27 de xuño de 2023 tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.
Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.
Tivemos oportunidade de fotografiarnos co gran triatleta Javier Gómez Noya padriño da proba e gañador dunha prata nas olimpiadas de Londres 2012 e varios campionatos do mundo e de Europa. Grazas a todo o equipo de alumn@s voluntarios.