XORNADA DE OBRADOIROS

 

XORNADA DE OBRADOIROS

Inauguración do proxecto "Naturalíza-T e da biblioteca.

Curso 22-23

O pasado 24 de outubro tivemos unha xornada de tallerres e obradoiros para comezar co proxecto de centro "Naturalíza-T" e para inaugurar a nova  biblioteca.

Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración das familias que nos axudaron tanto na xornada dos talleres, como en aportar todo tipo de materias de regugallo para poder desenvolvelos.
Tivemos 10 obradoiros, 5 para infantil e 5 para primaria.

  • Obradoiro1: Compostaxe.
  • Obradoiro 2: Horta e sementes. Cada neno plantou unha planta de fresa e un froito seco (castaña, noz, maní…). A fresa foi para a casa e o froito seco quedou no cole.
  • Obradoiro 3: Reciclaxe. no que elaboraron xogos con materiais reciclados, un tres en raia e un atrapa a bola.
  • Obradoiro 4: Arte coa natureza. Fixeron debuxos con follas.
  • Obradoiro 5: Biblioteca. Reproducironse  vídeos que invitan ao coidado do planeta e presentouse o personaxe do trimestre "Naturizo". É un ourizo que ten unha colección de libros relacionados co desenrolo sostible.



Esta é unha pequena selección de fotos nas que se recolle unha mostra do que fixemos en cada un dos obradoiros.