Aliméntate Ben

Pan Redondo por PixelSquid360 en Envato ElementsO alumnado de 4º de Educación Primaria Dibujo de dibujos animados de un panadero | Vector Premium

Cociñou Pan con Chourizo con aromas da horta.

O alumnado de 4º despois de moer a boa colleita de millo da horta da escola, cociñaron pan de millo con chourizo e herbas aromáticas.

O alumnado de 4ºA puxo a fariña de millo que colleitaron na horta e o alumnado de 4ºB e 4ºC engadiron herbas aromáticas que plantaran o curso pasado no seu bancal: ourego, tomiño,perexil...

Cada un preparou o seu boliño que logo fornearon e degustaron.Na receita puxemos: 500 gr de fariña de trigo, 500 gr  de fariña de millo, 25 gr de lévedo, 300 ml de auga, unha culler de sal, herbas aromáticas ao gusto, chourizo e queixo.

 1º Comprobamos como é a textura, a cor e como cheiga e sabe a fariña. Que rica!.

2º Mezclamos os dous tipos de fariña: de trigo e de millo. Para despois preparar o lévedo con auga e sal.

3º A continuación amasamos para  mesturar ben todos os ingredientes.

4º Condimentamos: puxemos chourizo, queixo e herbas arómaticas ao gusto.

 5º Forneamos e degustamos. Delicatessem!!