A Milla

Visita aos Parques Naturais de España.

Durante o mes de Marzo, Abril e Maio o alumnado do C.E.I.P Nº2 de Tui percorremos moitas millas, no noso circuito do cole, tantas que nos permitiron visitar case todos os Parques Naturais e Nacionais de España.

 Despois de percorrer todos os espazos naturais de Galicia e Portugal puxemos rumbo a España, que nos ofrece moitos espazos con encanto, para practicar actividade física, sá e saudable.

 Animamos ao noso alumnado a visitar en familia, durante as vacacións do verán, calquera de estes fermosos parques.