Actividades no medio natural

Tui en Ruta 22.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui,  organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.

Dita actividade esta destinada os/as 42 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.

A actividade tivo lugar o luns 20 e martes 21 de xuño de 2022.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 20 de xuño, levaríamos a cabo unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo.

2ª Xornada: O día 21 de Xuño  levaríamos a cabo unha xornada de Ginkana ciclista no patio do centro educativo.

Grazas ao  Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense  e as distintas entidades  que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.