Novas
Proceso de renovación parcial do consello escolar.
Enviado por Anónimo o Xov, 28/10/2021 - 19:35CEIP AS NOGAIS
Lg. San Andrés, s/n- 27677 As Nogais
PROCESO DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR.
CURSO 2021/22
FASE DE INFORMACIÓN - IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA
Enviado por Anónimo o Lun, 18/01/2021 - 12:13Bo día, familias,
dacordo co disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada única nos centros educativos, adxuntamos o Proxecto de Xornada Única do CEIP As Nogais, co fin de que teñades toda a información posible ante a votación que terá lugar na segunda semana de febreiro.
Debido a situación actual de pandemia e as restriccións do protocolo COVID19, non convocaremos reunión informativa sobre o proceso, pero quedamos á vosa disposición no teléfono 982870062 ou no correo (ceip.nogais@edu.xunta.gal) para quedar con vós e atendervos individualmente o tempo que precisedes.
Recibide unha forte aperta.
BO NADAL !!!
Enviado por Anónimo o Xov, 24/12/2020 - 21:06O CEIP As Nogais deséxavos un Bo Nadal e un Aninovo cargado de paz, saúde e felicidade para tod@s.
Unha aperta moi grande para as nosas nenas e nenos !!!
SUSPENSIÓN DAS CLASES - VENRES 4/12/2020
Enviado por Anónimo o Ven, 04/12/2020 - 11:50Bo día,
como xa sabedes hoxe, venres día 4/12/2010, SUSPENDEMOS a actividade lectiva por mor da nevada que caeu con máis forza da que se esperaba.
Desfrutade moito desta ponte !!
Apertas a tod@s.
(Nota: a foto non é deste ano...)
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO - ORDE 6/11/2020
Enviado por Anónimo o Dom, 15/11/2020 - 11:55ALUMNADO DESTINATARIO:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
ACTUALIZACIÓN DE PROTOCOLO COVID19 E PLAN DE CONTINXENCIA
Enviado por Anónimo o Lun, 09/11/2020 - 12:15Ola familias!!
Vimos de actualizar o Protocolo Covid19 e o Plan de Continxencia do cole, conforme ao que van marcando as autoridades sanitarias e a Xunta. Deixámolos adxuntos, así como o Plan de Ensino Virtual, coas medidas que se adoptarán en caso de corentena ou confinamento total, e tamén as recomendacións que nos fan dende a Xunta para a ventilación correcta das aulas.
Grazas pola vosa responsabilidade e polo voso traballo de prevención impecable ata o de agora. Sigamos así !!!
Nesta páxina da Xunta tedes TODA a información relativa ao COVID19:
https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus