BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
Novas
CALENDARIO ESCOLAR 2021/22
Enviado por admin2 o Sáb, 04/09/2021 - 08:45Iniciamos as clases o vindeiro xoves 9 de setembro.
Xa tedes dispoñible o calendario escolar do novo curso, consulta as datas.
PREME AQUÍ PARA ACCEDER
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO ALUMNADO
Enviado por admin2 o Lun, 21/12/2020 - 18:52O alumnado do CEIP Mosteiro quere dexesarvos a todos/as un BO NADAL! Que pasedes estes días en familia con ledicia e saúde. En nome de todo o claustro do centro, queremos agradecer a todas as familias o voso cariño, apoio e compresión ao longo deste primeiro trimestre tan complicado.
Deixamos un vídeo dos nosos nenos/as, un festival de Nadal algo distinto pero feito co mesmo cariño.
BO NADAL FAMILIAS!
Premede na imaxe para acceder ao vídeo:
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN
Enviado por admin2 o Lun, 21/12/2020 - 18:39O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.
Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.
Preme na imaxe para ver o vídeo.
- blogue de admin2
- APIs de Blogue
CANDO NON DEBO LEVAR O MEU FILLO/A AO COLEXIO?
Enviado por admin2 o Xov, 17/09/2020 - 16:05- blogue de admin2
- APIs de Blogue
RECREOS RESIDUOS CERO
Enviado por profe1 o Xov, 21/11/2019 - 07:31Na liña do noso proxecto "Mosteiro en verde", desde o centro propoñemos esta iniciativa para reducir o consumo de residuos no noso día a día. Para isto propoñemos o reto "MERENDAS CERO RESIDUOS", coa finalidade de motivar ao noso alumnado a reducir os residuos nos seus almorzos, así como de evitar, na medida do posible, o emprego de briks, botellas, envases de plásticos e o papel de aluminio.
RETO: INTENTAREMOS COMER FROITA E EMPREGAR ENVASES REUTILIZABLES E CANTIMPLORAS.
Continuamos co noso compromiso de coidar do medioambiente...
- blogue de profe1
- APIs de Blogue
SEMANA POLO CLIMA
Enviado por profe1 o Xov, 03/10/2019 - 06:16A pasada semana conmemoramos no cole a "Semana polo clima", levando a cabo diferentes actividades para concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente para iniciar o noso proxecto de centro "MOSTEIRO EN VERDE".
No enlace podedes observar algunhas imaxes e videos desta experiencia.
https://ceipmosteirobembrive.blogspot.com/2019/10/semana-do-clima.html
- blogue de profe1
- APIs de Blogue
A BANDA DE MUSICA DE BEMBRIVE NO COLE
Enviado por profe1 o Lun, 31/10/2016 - 09:22Grazas a visita da Banda de música de Bembrive gozamos dun concerto didáctico de gran interese.
Con esta visita queda inaugurado o proxecto integrado deste curso:"Sinte a música e Emocionate!!
- APIs de Blogue
AXUDAS:LIBROS DE TEXTO,FONDO LIBROS E MATERIAL.
Enviado por profe1 o Mér, 18/05/2016 - 11:53O vindeiro curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º e 3º de ESO. Nos restantes cursos – 1º e 2º de educación primaria, 2º e 4º de ESO e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.
Educación Primaria:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
- Material escolar:Renda per cápita familiar ata 5.400 euros
- COMPUTAN OS INGRESOS dos pais,nais e as personas que convivan na familia.(excepto casos marcados na lei).No caso de separación e custodia compartida computan os dous proxenitores.
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.(solicitude única por familia ).
Para máis información e descargar solicitude prema no seguinte ENLACE:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.html
- APIs de Blogue
LETRAS GALEGAS 2016
Enviado por profe1 o Mar, 26/04/2016 - 13:32Este ano adícanse as letras galegas ao escritor MANUEL MARÍA.Si queredes saber más cousas sobre a súa vida e obra preme nas fotos.
A rebelión das ovellas O muiño A cidade
- APIs de Blogue
A RECONQUISTA NO MOSTEIRO
Enviado por profe1 o Dom, 03/04/2016 - 17:09O venrés 1 de abril recibimos a visita dun historiador e os seus colaboradores para facer unha mostra do que foi a Reconquista de Vigo e saber un pouco máis do noso triunfo contra os franceses.A charla foi moi interesante e non esqueceremos algúns dos seus protagonistas:CACHAMUIÑA,ROSENDO,ALMEIDA...
- APIs de Blogue