BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
RECREOS RESIDUOS CERO
Na liña do noso proxecto "Mosteiro en verde", desde o centro propoñemos esta iniciativa para reducir o consumo de residuos no noso día a día. Para isto propoñemos o reto "MERENDAS CERO RESIDUOS", coa finalidade de motivar ao noso alumnado a reducir os residuos nos seus almorzos, así como de evitar, na medida do posible, o emprego de briks, botellas, envases de plásticos e o papel de aluminio.
RETO: INTENTAREMOS COMER FROITA E EMPREGAR ENVASES REUTILIZABLES E CANTIMPLORAS.
Continuamos co noso compromiso de coidar do medioambiente...
- blogue de profe1
- APIs de Blogue