Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Actividades

Lola de Penelas

O pasado 8 de marzo fomos ata Monforte ao CIM a recoller os libros de Lola de Penelas para o cole, e o venres fixemos entega na Biblioteca dun exemplar a Daniela Rodríguez Domínguez, a autora do debuxo gañador co que participou o noso cole. 

 

A homenaxeada deste ano do IV Certame de divulgación mulleres de Lemos é Balbina López Somoza, farmacéutica de O Saviñao.

 

 

TERRITORIO DAS ARTES: Pintura

Durante o mes de febreiro e parte de marzo estivemos traballando nas clases a pintura. E este venres a Biblioteca converteuse nun pequeno museo.

Este é o resultado.

Infantil

Descubriron a Kandinsky e Monet e reproduciron as súas obras Cuadrados con círculos concéntricos e Jardín de Giverny e Nenúfares.

 

     

Ademáis fixeron as súas propias obras de arte.

1º e 2º

Usaron unha técnica diferente para a creación de cadros, usando só unha canica, unha caixa e pinturas.

 

3º e 4º

Investigaron sobre a vida de Frida Kalho e fixeron un precioso mural.

  

5º e 6º

Versionaron cadros de Van Gogh (Las ramas del almendro), Klimt (Litzlberg am Attersee)  e Velázquez (Autorretrato) e un debuxo libre.

    

 

Menudos artistazos temos!!!

Mais fotos AQUÍ

CIENCIA NA BIBLIO

PRÓXIMA APERTURA DA BIBLIOTECA

Xa estamos de volta!!!

O vindeiro mércores día 5 abre a Biblioteca, polo que precisamos da vosa axuda:

Se es de 5º ou 6º e queres formar parte dos Biblioaxudantes só tes que falar coa profe María ou a profe Ana B.

 

 

 

Este ano mergullarémonos no mundo das Artes.

 

DÍA DO LIBRO 2016

O vindeiro día 23 é o Día do Libro, polo que durante a semana iremos facendo actividades relacionadas con ese día.

O xoves celebraremos a I Feira do Libro, o que queira participar tan só ten que traer unlibro en bo estado, para ese día facer un intercambio de libros. (Ver adxunto)

O venres Concello invitounos a unha representación de títeres na casa da cultura pola mañá, e pola tarde teremos a visita de Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores e ilustradores dos contos do Raposo Rufo (que están a vosa disposición na Biblioteca)

Díptico da Consellería

Día da Biblioteca 2015

A finais do curso pasado chegounos ao centro o libro "Barxilón no mar do Latón" feito polos rapaces do IES As Brañas en Moaña en colaboración con outros centros dentro do seu Proxecto BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL (pincha para saber mais sobre o Proxecto)

Así que este ano no día da Bilioteca decidimos contar o conto e facer algunha das actividades relacionadas co conto que aparecían na web no proxecto.

Podedes visitar tamén a web de Barxilón e o seu Facebook

Tamén recordamos o funcionamento da Biblioteca e anunciamos ós alumnos colaboradores deste ano.

 

Pincha aquí para ver todas as fotos. 

Alumnos Colaboradores

En breve abriremos a Biblioteca nos recreos, e para eso necesitamos a vosa colaboración.

Se estás en 5º ou 6º e queres ser colaborador/a da Biblioteca apúntate, é moi doado, so tes que falar coa profe María.

 

Anímate !!!

 

Día das Letras Galegas 2015

O luns 18 de maio conmemoramos no centro o Día das Letras Galegas este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde.

 

Primeiro os alumnos de 6º contaron aspectos relacionados coa súa vida e obra literaria.

Despois os alumnos de 5º mostraron uns murais onde plasmaron poesías e anaquiños de algunha das súas obras.

A continuación os alumnos de 3º e 4º leron as redaccións que fixeron baixo o título "Se eu fose escritor...".

Por último os nenos de Infantil recitaron Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro.

E para rematar a xornada tivemos xogos populares.

Uns días antes baixamos ata a Casa da Cultura a un espectáculo de Maxia Cómica.

 Todas as fotos aquí

Letras Galegas 2015

Comezamos o mes de maio, mes no que festexamos o próximo día 17 o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde. Podedes descubrir quen era e porque se lle adica este día na ligazón de mais abaixo. Tamén atoparedes xogos e outras actividades relacionadas con este autor.

Ligazón.

CONFERENCIA "TRABAJO Y FELICIDAD"

O día 13 DE Abril celebrouse no centro unha conferencia sobre "Trabajo y Felicidad" de Ricardo Gómez, antigo alumno do Monte Baliño e tío dun dos nosos alumnos. A conferencia estaba dirixida o profesorado e familias do cnetro así como a outros profesionais da educación dos centros veciños.

Aquí vos deixamos o enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut