Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

Carnival at school!!

Na clase de Inglés os máis pequenos fixeron caretas das personaxes dos contos do libro de texto, os nosos queridos Cookie (os de 3 anos), Densel (os de 4 anos)  e Lulu (os de 5 anos). Todos os nenos levaron a súa careta e pasáronno moi ben recortandoa e picandoa. Bo entroido para todos!! Have a good time!!

 

DECORACIÓN ENTROIDO

Chegou o Entroido ao Monte Baliño.... nas clases de Inglés decoraron todas estas caretas... na aula de Infantil caracterizáronse destes animais...

 

 

COMADRES Y COMPADRES!!!

Os nenos e nenas do noso centro fixeron coma todos os anos por estas datas as Comadres o es Compadres!!!

 Aquí tedes o enlace completo!

 

CANCIÓN DA PAZ

 Todos os nenos e nenas do Monte Baliño ensaiaron e aprenderon nas clases de música unha canción sobre a Paz, titulada "Qué canten los niños". Saiu moi ben!!!

 

AS POMBAS DA PAZ!!!!

 E como non podía ser doutra maneira, coma todos os anos por esta data tan significativa, grazas a colaboración da mestra de Infantil, temos a sorte de poder soltar unhas Pombas para poñer o punto final da nosa celebración do DÍA DA PAZ.

O LEGADO DE MALALA

 Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron un traballo de documentación sobre a vida de Malala, Premio Nobel da Paz do 2015. Cada un deles expuxo unha parte da vida e obra desta célebre rapaza para o resto do alumnado de Primaria. Fixérono moi ben e gustou moito entre o público do Monte Baliño.

 

"Celebrando a Paz con xogos con paracaídas"

 Para conmemorar o Día da Paz no noso centro, grazas a colaboración do mestre de Educación Física, fixemos xogos con paracaídas. Foi unha tarde moi divertida e todos os nenos e nenas do centro participaron nos xogos cooperativos. 

 Ahí tedes unha mostra deles!!

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO

13/02/2015 11:45
13/02/2015 11:45

 O día 13 de Febreiro celebrarase no CEIP MONTE BALIÑO, o Festival de Entroido con moitas sorpresas!! Aquí estaremos agardando a vosa asistencia!!

 Pasarémolo moi ben!!!

CUMPLEANOS DECEMBRO E XANEIRO

 Nos meses de Decembro e Xaneiro algúns dos nosos compañeiros e compañeiras estiveron de cumpleanos, mirade que tarta tivemos para celebralo!!!

MALALA

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de Atención Educativa fixeron esta reseña sobre Malala, plasmando os seus pensamentos sobre a figura de Malala e o que representa !!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut