Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Exposición interactiva 50 anos do Monte Baliño!

Despois dun longo traballo durante todo o ano, conseguimos o noso obxectivo con creces, montar unha bonita exposición sobre o noso colexio e estes 50 anos de historia...

Hoxe 3 de xuño, celebramos por todo o alto e con toda aquela xente que se puido achegar a compartir un momento con nós, e que por algún xeito, durante este medio século, estivo ligada nalgún momento ó noso centro.

Queda inaugurada a nosa exposición, con fotografías, recreación dunha aula antiga, obxectos que formaron parte da nosa escola, etc...

Se no puideches vir á comida de celebración pero estarías interesada ou interesado en visitar a exposición, o alumnado de cuarto e sexto, grandes artífices de este feito, están encantados de ensinarcha en horario de mañá!

Chama ao centro con antelación para poder asistir a vela entre o día 5 de xuño ata o 14, ambos incluídos. Telf.:982828216/15

O horario de visita sería dende as 11:40 ata remate.

Moitas grazas e aquí seguiremos sumando anos e sementando coñecementos!



page | by Dr. Radut