Skip to Content

BLOG DE BIBLIOTECA

GAÑADORA DO TORNEO SALTA PIRATA

Hoxe no recreo tivemos a final do torneo "Salta Pirata" e xa temos gañadora.

Damos a nosa noraboa a Noela de 4ºA !

Moitas felicidades !

 

TORNEO " SALTA PIRATA!

Hoxe no recreo comezamos o torneo : Salta o pirata!

O pasaron xenial e xa temos os primeiros oito clasificados.

Mañá continuaremos e moita sorte a todos os participantes.

CONCURSO "DEBUXA A TÚA BIBLIOTECA IDEAL"

APERTURA DA BIBLIOTECA

Xa estamos aquí de novo, preparando moitas actividades e novidades para este curso.

O vindeiro luns 3 de Outubro inauguramos a nosa biblioteca, voltan os/as nosos/as axudantes/as, os recreos na biblioteca e o préstamo das aulas. 

E xa sabes, se queres aventuras, lánzate á lectura !.

Vémonos na biblio!.

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO DO DÍA DO LIBRO 2022

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 3ºEP-B

Ola compañeiros e compañeiras!

Neste 22 de Abril, "Día Internacional da Terra Nai" o grupo de 3ºB preparounos un programa de aula ben completiño, cheo de información, curiosidades e consellos para coidar o noso planeta, a nosa querida Terra.

Como xa sabedes, esta Panda Verde sabe motísimo sobre isto asi que, tomade boa conta do que ides escoitar porque, de seguro que, a partires de agora, seredes máis considerados coa contorna, reciclaredes todo o posible e reduciredes a cantidade de lixo, non só no cole, senón tamén nas vosas casas.

Premede na imaxe e comezade xa o coidado da nosa Terra Nai.

 

 

CONCURSO POLO DÍA DO LIBRO- 23 DE ABRIL

RECICLAMOS NO COLEXIO

PANDA VERDE-MARZO-3ºA

E xa metidos de cheo no mes de marzo, volven os nosos compañeiros e compañeiras de 3ºEP coa sección máis verde no noso cole, A PANDA VERDE!

Neste programa vannos dar unha lección maxistral sobre a reciclaxe e a separación de residuos de xeito correcto.

É xenial escoitar todo o que saben ,asi que, estade ben atentos para comprobar se, nas vosas casas se empregan os contedores de xeito correcto.

Tomade papel e lapis e premede na imaxe para escoitar.

 

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS MARZO- 4ºEP

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut